AVISO CONGRESO 2018

Estamos preparando el Congreso del Año 2018

A partir de enero de 2018, podrás obtener a través de ésta web, toda la información actualizada

Gracias!!!!



Presentacion Congreso InternacionalA Deputación de Pontevedra colabora neste evento como unha forma máis de apoiar a excelencia deportiva na provincia
Congreso piragüismo

Catoira reunirá os días 10, 11 e 12 de outubro os mellores preparadores deportivos a nivel mundial no V Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas. Así se anunciou esta mañá na rolda de prensa de presentación do evento, na que participou a deputada provincial Begoña Estévez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; a decana de Ciencias da Educación e do Deporte, Francisca Fariña; e o vicerreitor da Universidade de Vigo, Juan Manuel Corbacho.

O congreso, que se celebra con carácter bianual desde hai unha década, está organizado pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, a Real Federación Española de Piragüismo e o Club de Piragüismo As Torres de Catoira, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que valora esta iniciativa como unha forma de avanzar na "excelencia deportiva".

O obxectivo do congreso é cubrir o baleiro existente na actualidade na formación de adestradores e, en especial, no acceso e divulgación dos avances científicos, técnicos e tácticos que afectan á preparación deportiva e que, en palabras tanto do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia como do presidente da Federación Galega de Piragüismo, son determinantes para o éxito dos deportistas.

Con esa finalidade, o congreso reunirá en Catoira, segundo indicou Alfredo Bea, "ás máis altas figuras a nivel internacional", con preparadores de diversas modalidades deportivas e da talla de Fernando Navarro, referente nacional na preparación física na modalidade da natación, "un dos deportes que máis avanzou nos estudos que realiza cos seus deportistas, así como a algúns dos máis relevantes adestradores deportivos de Australia, Alemaña, Rusia, Italia, Hungría e Arxentina.

Igualdade de xénero

Unha das novidades máis relevantes nesta V edición no que a contidos se refire, e da que falou de forma especial a decana de Ciencias da Educación e do Deporte, é a perspectiva de xénero que se abordará na xuntanza, cunha mesa debate sobre Muller e Igualdade no Olimpismo e diferentes relatorios referidos á muller e o deporte.

Trátase, segundo Francisca Fariña, de afondar na necesidade da paridade nos xogos olímpicos, poñendo fin as diferenzas actuais que fan que, por exemplo, haxa un menor número de categorías e, polo tanto, medallas, para as mulleres que para os homes.

Nesta liña, Alfredo Bea incidiu en que un dos temas centrais que se van discutir é a posibilidade de que nos vindeiros Xogos Olímpicos de Tokio haxa unha categoría feminina de canoa.

Só por esa perspectiva de xénero, afirmou Francisca Fariña, "merecería asistir e apoiar a este congreso" no que se vai marcar "que se ha de facer e como se ha de facer".

Outros dos temas que se analizarán será a arquitectura da planificación deportiva, os sistemas de adestramento e formación do K-4, o futuro do piragüismo nos xogos olímpicos ou os sistemas de adestramento en diversas modalidades de piragüismo.

Investigar e formar para o éxito

Trátase, en definitiva, de unir formación, investigación e ciencia para "obter os mellores resultados da gran canteira que ten Galicia". Porque, segundo sinalou o secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, a boa saúde do deporte galego "non é froito da casualidade" senón do esforzo, do talento dos deportistas, da calidade dos adestradores, dos clubs, do contorno natural e dunha implicación xeral co deporte.

Con isto resaltou que a preparación é básica para acadar o éxito, de aí a relevancia deste congreso.

Organizan

Río 2016

Patrocinan

NELO España

Contacta con Nosotros

Paseo Marítimo S/N
36612 Catoira(Pontevedra)

Tfn: 686 92 99 30
Email: info @ congresocatoira.es
Web: www.congresocatoira.es

Contacto Instantáneo